4. PRINCIPAIS ACTUACIÓNS 2024

A misión fundamental da Axencia Tributaria debe consistir en favorecer o cumprimento voluntario das obrigas fiscais. Para iso desenvolve dúas liñas de actuación: por unha parte, a prevención da fraude mediante a prestación de servizos de información e asistencia ao contribuínte para facilitar e minimizar os custos indirectos asociados ao cumprimento das obrigas tributarias conxuntamente co desenvolvemento doutras actuacións preventivas; e, por outra banda, a detección, regularización e, se é o caso, sanción dos incumprimentos tributarios mediante actuacións de control. Ambas as dúas liñas de actuación definen as áreas básicas da súa estratexia, sobre as que pivotaron as súas principais actuacións en 2024, en consonancia coas actuacións xa desenvoltas os anos precedentes, e que encontran a súa base no deseño das prioridades estratéxicas do período 2024-2027, nas que se outorga maior relevancia ao conxunto e tipoloxía de actuacións levadas a cabo pola Axencia Tributaria, sen atender exclusivamente aos resultados obtidos nas mesmas.