Novidades publicadas no INFORMA do IRPF durante o mes de marzo do 2022
O programa INFORMA é unha base de datos que contén, en formato pregunta-resposta, os principais criterios de aplicación da normativa tributaria. Está en constante actualización e cada mes introdúcense novidades.
En marzo de 2022, as novidades introducidas con relación ao IRPF son as seguintes:
-
Subvención por mellora eficiencia enerxética vivenda : a axuda ou subvención por obras de mellora da eficiencia enerxética concedida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, se non está exenta, ten a consideración de ganancia ou perda patrimonial.
-
Devolución exceso tarifa plana de autónomo : no ámbito dos rendementos do traballo a devolución ao autónomo societario das cotizacións non ten incidencia na declaración do IRPF do exercicio en que se realiza a devolución, senón nas dos exercicios en que se incluíron como gasto e retribución en especie.
-
Redución xeral 2021 rendemento neto actividades agrícolas, gandeiras e forestais : increméntase do 5 ao 20 por cento a redución que hai que aplicar ao rendemento neto calculado en 2021 para as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
Podes consultar as novidades: Novidades INFORMA do IRPF marzo 2022.