Novidades publicadas no INFORMA 2022
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de marzo
144423-REDUCCIÓN XERAL 2021 RENDEMENTO NETO ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E FORESTAISSi, increméntase o 5 ao 20 por cento a redución que hai que aplicar ao rendemento neto calculado en 2021 para as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
144424-DEVOLUCIÓN EXCESO TARIFA PLANA DE AUTÓNOMO. RENDEMENTOS DO TRABALLOA nova xurisprudencia do Tribunal Supremo considera aplicables os beneficios de cotización da chamada tarifa plana tamén aos traballadores autónomos socios de sociedades anónimas ou limitadas, con carácter retroactivo, e obriga á Seguridade Social a devolver o importe do exceso cotizado. No ámbito dos rendementos do traballo a devolución ao autónomo societario das cotizacións non ten incidencia na declaración do IRPF do exercicio en que se realiza a devolución, senón nas dos exercicios en que se incluíron como gasto e retribución en especie.
144406-SUBVENCIÓN POR MELLORA EFICIENCIA ENERXÉTICA VIVENDAA axuda ou subvención por obras de mellora da eficiencia enerxética concedida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, se non está exenta, ten a consideración de ganancia ou perda patrimonial.