Obtención do número de referencia: Renda 2021
O número de referencia permíteche acceder á consulta dos teus datos fiscais e do borrador da túa declaración, e a súa posterior tramitación.
Recomendámosche obter a referencia desde a app da Axencia Tributaria , que permite dispor dun acceso máis simple aos servizos máis utilizados ao longo da campaña de Renda. Non obstante, tamén podes obter o número de referencia a través de Internet na sede electrónica da Axencia Tributaria, mediante o servizo RENØ co recadro 505 da túa declaración de 2020, con Cl@ve PIN ou con certificado electrónico ou DNI electrónico.
No vídeo mostrámosche como obter o número de referencia co recadro 505: