O 30 de setembro finaliza o prazo de solicitude do pagamento único de 200 euros
Desde o 8 de xullo de 2022 pódese solicitar, a través do formulario en liña da Axencia Tributaria , a axuda de 200 euros para persoas con baixos ingresos e patrimonio.
O prazo para solicitar esta axuda finaliza o vindeiro 30 de setembro de 2022.
Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, a 27 de xuño de 2022:
- Teñan residencia legal e efectiva en España e tivésena de maneira continuada e ininterrompida durante o ano inmediato anterior.
- Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou
- Estean inscritos como desempregados na oficina de emprego, estean cobrando ou non a prestación ou subsidio por desemprego.
- As rendas obtidas en 2021, incluídas as que perciban os conviventes, sexan inferiores a 14.000 euros íntegros (é dicir, o importe bruto percibido sen descontar gastos nin retencións) e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.
Se necesitas máis información sobre esta axuda na Sede electrónica da Axencia Tributaria publicáronse un folleto explicativo e un apartado de preguntas frecuentes sobre a axuda (por exemplo, en que consiste, quen pode pedira, quen non, como e cando pedira, como págase).
Para dúbidas e asistencia na formalización do formulario de solicitude podes:
- Chamar ao teléfono: 91 889 81 46 ou 901 200 346. De luns a venres, de 9 a 19 horas.
- Ou ben solicitar cita previa (telefónica ou en oficinas) para o servizo de “Asistencia Axuda de 200 euros”, a través da Sede electrónica: Axencia Tributaria: Cita previa xeral ou chamar ao teléfono 91 290 13 40 ou 901 200 351, de luns a venres, de 9 a 19 horas.