Acordo Multilateral sobre intercambio automático de información relativa a ingresos obtidos a través de plataformas dixitais
O BOE do 19 de setembro publica o Acordo Multilateral entre Autoridades competentes sobre intercambio automático de información relativa a ingresos obtidos a través de plataformas dixitais.
Cabe lembrar que tal e como se recolleu na Newsletter 32/2023, a Lei 13/2023, do 24 de maio, modifica a Lei Xeral Tributaria incorporando unha nova disposición adicional que ten por obxecto establecer unha nova obriga de información e de dilixencia debida, relativa á declaración informativa dos operadores de plataforma obrigada no ámbito da asistencia mutua. Os “operadores de plataforma obrigada a comunicar información” deberán cumprir tres tipos de obrigas. En primeiro lugar, as normas e procedementos de dilixencia debida que deben aplicar sobre os vendedores para obter e verificar información sobre os mesmos. Ademais, deben estar rexistrados no censo nos termos en que se determine regulamentariamente. Finalmente, unha vez obtida a información deben subministrara á Administración tributaria.
O acordo agora publicado ten por obxecto permitir o intercambio automático da información solicitada polas distintas administracións, mellorando o cumprimento das obrigas fiscais internacionais, con suxeición á confidencialidade e outras garantías.
Podes consultar o texto íntegro do convenio na seguinte ligazón Disposición 19657 do BOE núm. 224 de 2023