Novidades de normativa 2019
Saltar índice da informaciónOrde de módulos para 2020
No BOE do día 30 de novembro publicouse a Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2020 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.
Esta Orde mantén a estrutura da Orde HAC/1264/2018, do 27 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2019 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime simplificado do IVE.
En relación co IRPF, mánténse para o exercicio 2020 a contía dos signos, índices ou módulos, así como as instrucións de aplicación. Así mesmo, mánténse a redución do 5 por cento sobre o rendemento neto de módulos derivados dos acordos acadados na Mesa do Traballo Autónomo.
Polo que se refire ao IVE, a presente Orde tamén mantén, para 2020, os módulos, así como as instrucións para a súa aplicación, aplicables no réxime especial simplificado no ano inmediato anterior.
Por último, mánténse para este período a redución sobre o rendemento neto calculado polo método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e sobre a cota reportada por operacións correntes do réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido para as actividades económicas desenvolvidas no termo municipal de Lorca.