Novidades de normativa 2017
Saltar índice da informaciónPrincipais novidades tributarias introducidas na Lei 6/2017, do 24 de outubro, de Reformas urxentes do traballo autónomo.
IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSÍCAS
Deducibilidade dos gastos de subministracións da vivenda parcialmente afecta á actividade económica e dos gastos de manutención incorrida no desenvolvemento da actividade en estimación directa.
O artigo 11 da Lei 6/2017 engade as letras b) e c), con efectos desde o 1 de xaneiro de 2018, á regra 5ª do apartado 2 do artigo 30 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas nos seguintes termos:
I. Contribuíntes que afecten parcialmente a súa vivenda habitual ao desenvolvemento da actividade económica.
Nestes casos, serán deducibles os gastos de subministracións da devandita vivenda entendendose por tales auga, gas, electricidade, telefonía e Internet.
Tales gastos serán deducibles na porcentaxe que resulte de aplicar o 30 por cento á proporción existente entre os metros cadrados da vivenda destinados á actividade con respecto á súa superficie total, non sendo que se probe unha porcentaxe superior ou inferior.
O procedemento para calcular o importe deducible destes gastos móstrase a través do seguinte exemplo:
A vivenda habitual dun contribuínte ten 100 m². O contribuínte afecto á actividade económica que desenvolve 40 m². Os gastos anuais por subministracións ascenden a 5.000 euros.
Proporción da vivenda habitual afecta: 40 m² / 100 m² = 40%
Porcentaxe de dedución = 30% x 40% = 12%
Gastos deducibles: 5.000 € x 12% = 600 €
II. Gastos de manutención do propio contribuínte incorrido no desenvolvemento da actividade económica.
Os contribuíntes poderán deducir para a determinación do rendemento neto da actividade económica en estimación directa os gastos de manutención que cumpran os seguintes requisitos:
-
Ser gastos do propio contribuínte.
-
Realizarse no desenvolvemento da actividade económica.
-
Producirse en establecementos de restauración e hostalaría.
-
Deberán aboarse utilizando calquera medio electrónico de pagamento.
Estes gastos terán como límite máximo os importes establecidos regulamentariamente para as dietas e asignacións para gastos normais de manutención dos traballadores que se conteñen no artigo 9.A.3.a) do Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas