Novidades publicadas no INFORMA 2024
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de xuño
147429 - FALECEMENTO ANTES DO PRAZO DE REINVESTIMENTOCando o vendedor da súa vivenda habitual que se comprometeu a reinvestir o obtido na adquisición dunha nova falece antes do prazo de 2 anos sen reinvestir desaparece a obriga de reinvestir sen que se perda a exención por reinvestimento.
147430 - OBRIGA DE DECLARAR. PRESTACIÓNS POR ACHEGAS A MUTUALIDADES DT2A efectos a obriga de declarar considérase soamente o importe da prestación que efectivamente deba integrarse na base impoñible por aplicación da disposición transitoria segunda da Lei do IRPF.
147432 - NON CÓMPUTO DE PERDA: GASTOS DE AVOGADO E PROCURADORNon se pode computar como perda patrimonial o importe dos gastos de avogado e procurador que paga o contribuínte nun xuízo.
147433 - PERDA PATRIMONIAL. ESTAFA POR INTERNETSe non é posible identificar o autor o importe defraudado será perda cando quede xustificada tanto a compra coma a contía defraudada e na parte que non estea cuberta por ningún seguro. Se se identifica ao autor o importe defraudado non dá lugar a unha perda ata que se cumpra un ano desde o inicio do procedemento xudicial de execución do crédito.