Novidades publicadas no INFORMA 2024
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de maio
147407 - APLICACIÓN EFECTIVA DA DEDUCIÓN ANTES DE 2013. EXCEPCIÓNSO TEAC fixou como criterio que poderán aplicar a dedución por investimento en vivenda habitual os contribuíntes que non practicasen a dedución antes de 2013 por non presentar declaración ao non estar obrigados, ou porque estandoo e habendoa presentado non tivesen cota íntegra para poder aplicara. Cando esta falta de cota obedeza a un erro, estarase ás circunstancias de cada caso.
147428 - DEVOLUCIÓN PLUSVALÍA MUNICIPAL. INMOBLE HERDADOA devolución do ingreso indebido polo Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana correspondente a un inmoble herdado non ten incidencia na liquidación do IRPF do exercicio en que se percibe. Non obstante, se se vendeu o inmoble nun exercicio anterior e o imposto incluiuse no valor de adquisición para determinar a ganancia ou perda patrimonial, débese eliminar do mesmo mediante a presentación dunha autoliquidación complementaria.
147427 - INCREMENTO GASTOS DE GARDARÍA: GARDA E CUSTODIA COMPARTIDAO incremento por gastos en gardaría ou centros de educación infantil autorizados corresponde á nai tanto polo importe satisfeito por ela como o pago polo outro proxenitor e con independencia de que ela teña a garda e custodia en exclusiva ou compartida.