Novidades publicadas no INFORMA 2025
Saltar índice da informaciónNovidades publicadas no INFORMA durante o mes de novembro
141773 - RESOLUCIÓN VOLUNTARIA CONTRATO LABORAL: CONTRATO POSTERIORModifícase para para adaptara á Sentenza 1245/2025, do 7 de outubro de 2025, do Tribunal Supremo, que fixou como criterio que o requisito de desvinculación efectiva do traballador coa empresa non é esixible para aplicar a redución do 30 por cento ás cantidades satisfeitas pola empresa aos traballadores por resolución de mutuo acordo da relación laboral.
146232 - RESIDENTES NA ILLA DE LA PALMA.DEDUCIÓN DESDE 2022 A 2025Prorrógase para 2025 a dedución prevista en 2022, 2023 e 2024 para os contribuíntes con residencia habitual e efectiva na illa da Palma.
148471 - BASE DE DEDUCIÓN. CANCELACIÓN PRÉSTAMO HIPOTECARIOCando un contribuínte vende a súa vivenda habitual e utiliza parte do importe obtido para cancelar o préstamo hipotecario que a gravaba, pode incluír na base da dedución as cantidades recibidas pola transmisión que fosen destinadas á devandita cancelación, sempre que cumpra con todos os requisitos legais establecidos.
148480 - ACTIVIDADE ECONÓMICA: SOCIO DE SOCIEDADE PROFESIONALOs rendementos percibidos polo socio dunha entidade derivada de actividades incluídas na Sección Segunda das Tarifas do IAE consideraranse rendementos profesionais se o socio se encontra incluído no RETA ou nunha mutualidade de previsión social que funcione como alternativa, sendo suficiente que estea legalmente obrigado a cotizar no RETA, con independencia do requisito formal de afiliación efectiva.