Libros rexistro de IVE
Libros obrigatorios, prazo de anotación, rectificacións
Libro rexistro de facturas expedidas
No libro rexistro de facturas expedidas inscribiranse, unha por unha, as facturas expedidas por todas as operacións suxeitas ao IVE, o que inclúe as operacións exentas e de autoconsumo, así como as facturas rectificativas.
No libro rexistro de facturas expedidas consignaranse: o número e, se é o caso, serie, a data de expedición, a data de realización das operacións, no caso de que sexa distinta da anterior, o nome e apelidos, razón social ou denominación completa e número de identificación fiscal do destinatario, a base impoñible das operacións, o tipo impositivo e a cota tributaria.
En calquera caso, anotaranse de forma separada dos restantes operacións as facturas rectificativas.
As facturas rexistraranse separadamente unha a unha, aínda que poden:
-
Substituírse por asentos resumos diarios en que se farán constar a data en que se expedisen, base impoñible global, o tipo impositivo, a cota global de facturas ou documentos substitutivos numerados correlativamente e expedidos na mesma data, e os números iniciais e final dos documentos anotados, sempre que se cumpran simultaneamente os seguintes requisitos:
-
Que nos documentos expedidos non sexa preceptiva a identificación do destinatario.
-
Que as operacións documentadas se realicen dentro dun mesmo mes natural.
-
Que ás operacións lles sexa aplicable o mesmo tipo impositivo.
-
- Anotarse en varios asentos correlativos unha mesma factura cando inclúa operacións que tributen a distintos tipos impositivos.