Novidades de normativa 2017
Saltar índice da informaciónLei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 (BOE do 28 de xuño)
No BOE do mércores 28 de xuño de 2017 publicouse a Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, que introduce as seguintes novidades na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido:
I. Exencións en operacións interiores.
Con efectos do 29 de xuño de 2017 e vixencia indefinida, modifícase a letra j) do artigo 20. Un. 18º da Lei establecendo que estarán exentas do imposto as entregas de moedas de colección cando son efectuadas polo seu emisor por un importe non superior ao seu valor facial.
II. Tipos impositivos reducidos.
Con efectos do 29 de xuño de 2017 e vixencia indefinida, ao obxecto de promover o acceso e difusión da cultura, modifícanse os números 2.º e 6.º do artigo 91. Un.2 da Lei, minorando o tipo impositivo aplicable aos espectáculos culturais en vivo, que pasan a tributar ao 10 por cento.
III. Tipos impositivos. Equipos médicos, aparellos e demais instrumental
aos que é de aplicación o tipo reducido.
Con efectos do 29 de xuño de 2017 e vixencia indefinida, modifícase o primeiro guion do apartado oitavo do anexo da Lei, pasando a tributar ao 10 por cento as monturas de lentes graduadas para, deste xeito, aliñar a súa tributación coa que é aplicable aos lentes e lentes graduadas.
Ley 3/2017, de 27 de juniode Presupuestos Generales del Estado para el año 2017.