Erros na declaración
Ante un erro na declaración, a corrección depende do tipo de erro e período:
Se o período que hai que rectificar é igual ou posterior a setembro ou terceiro trimestre de 2024
Se o período que hai que rectificar é igual ou posterior a setembro ou terceiro trimestre de 2024, debes utilizar o propio modelo de autoliquidación (modelo 303), marcando o recadro "autoliquidación rectificativa" e indicando o número de xustificante da anterior. O modelo 303 utilizarase para rectificar autoliquidacións que supoñan un resultado da declaración superior, inferior, ou igual ao da autoliquidación previamente presentada.
Non obstante, se o motivo da rectificación é a vulneración pola norma aplicada na autoliquidación previa dunha norma de rango superior, poderás optar por presentar unha autoliquidación rectificativa ou unha solicitude de rectificación de autoliquidación (ten en conta que a autoliquidación rectificativa non admite achegar documentación).
Non poderás presentar unha autoliquidación rectificativa cando o motivo sexa a repercusión de cotas de IVE por un importe superior ao debido, que supoñen ademais unha rectificación da factura.
Se desexas cambiar de opción de devolver a compensar, ou viceversa, poderás rectificar a autoliquidación presentada se non finalizou o prazo para presentar a declaración. Se xa pasou o prazo, non é posible cambiar a opción elixida.
Para obter máis información sobre como rectificar un erro na túa declaración dirixeche á ligazón “Asistente virtual IVE” que se encontra no apartado de “Ferramentas de asistencia virtual” e realiza a túa consulta (Por exemplo, “Quero rectificar unha autoliquidación presentada ”)