Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

10.15.15. Por cantidades destinadas a investimentos para o aproveitamento de fontes de enerxía renovable na vivenda habitual

O 5 por 100 das cantidades investidas polo contribuínte na adquisición de instalacións ou equipos destinados a algunha das finalidades seguintes:

  1. Aproveitamento da enerxía solar ou eólica para a súa transformación en calor ou electricidade.

  2. Aproveitamento, como combustible de biomasa ou de cultivos enerxéticos para a súa transformación en calor ou electricidade.

Estas finalidades non deben constituír o exercicio dunha actividade económica de acordo coa normativa estatal reguladora do imposto.

A base desta dedución estará constituída polas cantidades investidas no exercicio, incluídos os gastos orixinados que corresen a cargo do adquirente e, no caso de financiamento alleo, a amortización e os demais gastos da mesma, con excepción dos intereses.

A parte do investimento financiado con subvencións públicas non dará dereito a dedución.

A base máxima desta dedución será:

  1. Cando a suma da base liquidable xeral e do aforro sexa inferior a 23.000 euros anuais, en tributación individual, ou a 37.000 euros en tributación conxunta: 4.100 euros anuais.

  2. Cando a suma da base liquidable xeral e do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros anuais, en tributación individual ou entre 37.000 e 40.000 euros anuais en tributación conxunta, o resultado de aplicar a 4.100 euros anuais:

    1. En tributación individual, unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 - o coeficiente de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000).

    2. En tributación conxunta, unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 - o coeficiente de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000).

Formalización

Na xanela reflectiranse as cantidades satisfeitas que dean dereito á dedución.

En caso de matrimonio e se o importe satisfeito corresponda ao cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 da contía total satisfeita por ambos os dous cónxuxes.