10.15. Comunitat Valenciana
Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Valenciana poden aplicarse as deducións que se indican a continuación.
En caso de tributación conxunta imputaranse á unidade familiar as deducións autonómicas que correspondesen aos seus distintos membros no suposto de tributación individual, tendo en conta para iso as regras de individualización dos rendementos e das alteracións patrimoniais das distintas fontes de renda contida na normativa estatal reguladora do imposto.
- 10.15.1. Por nacemento, adopción ou acollemento familiar
- 10.15.2. Por nacemento ou adopción múltiple
- 10.15.3. Por nacemento ou adopción de fillos con discapacidade
- 10.15.4. Por familia numerosa ou monoparental
- 10.15.5. Polas cantidades destinadas á custodia non ocasional en gardarías e centros de primeiro ciclo de educación infantil de fillos ou acollidos permanentes menores de tres anos
- 10.15.6. Por conciliación do traballo coa vida familiar
- 10.15.7. Para contribuíntes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, de idade igual ou superior a 65 anos
- 10.15.8. Por ascendentes maiores de 75 ou maiores de 65 que sexan persoas con discapacidade
- 10.15.9. Pola realización por un do cónxuxes da unidade familiar de labores non remuneradas no fogar
- 10.15.10. Por primeira adquisición da súa vivenda habitual por contribuíntes de idade igual ou inferior a 35 anos
- 10.15.11. Por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade
- 10.15.12. Por cantidades destinadas á adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual procedentes de axudas públicas
- 10.15.13. Por arrendamento da vivenda habitual
- 10.15.14. Por arrendamento dunha vivenda por actividades en distinto municipio
- 10.15.15. Por cantidades destinadas a investimentos para o aproveitamento de fontes de enerxía renovable na vivenda habitual
- 10.15.16. Por doazóns con finalidade ecolóxica
- 10.15.17. Por doazóns de bens integrantes do patrimonio cultural valenciano
- 10.15.18. Por cantidades doadas para a conservación reparación ou restauración de bens integrantes do patrimonio cultural valenciano
- 10.15.19. Por cantidades destinadas polos seus titulares á conservación, reparación e restauración bens integrantes do patrimonio cultural valenciano
- 10.15.20. Por doazóns destinadas ao fomento da lingua valenciana
- 10.15.21. Por contribuíntes con dous ou máis descendentes
- 10.15.22. Por cantidades procedentes de axudas públicas concedidas pola Generalitat no marco do que se dispón na Lei 6/2009 do 30 de xuño, da Generalitat de protección á maternidade
- 10.15.23. Por adquisición de material escolar
- 10.15.24. Por obras de conservación e mellora na vivenda habitual
- 10.15.25. Por doazóns de importes monetarios relativos a outros fins culturais