10.15.8. Por ascendentes maiores de 75 ou maiores de 65 que sexan persoas con discapacidade
179 euros por cada ascendente maior de 75 anos, ou maior de 65 anos que sexa persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou persoa con discapacidade psíquica, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.
Nota : Esta dedución será de aplicación tamén a persoas con discapacidade cuxa incapacidade se declare xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente, a aplicación da dedución corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.
Requisitos:
-
O ascendente debe sero en liña directa por consanguinidade, afinidade ou adopción
-
O ascendente debe convivir co contribuínte e non ter rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.
-
A suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro non sexa superior a 25.000 euros, en tributación individual, ou a 40.000 euros, en tributación conxunta.
-
Non procederá a aplicación desta dedución cando os ascendentes que xeren o dereito á mesma presenten declaración polo IRPF con rendas superiores a 1.800 euros.
-
A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto. Non obstante, cumprirá que os ascendentes convivan co contribuínte, polo menos a metade do período impositivo.
-
Entre outros casos, considerarase que conviven co contribuínte os ascendentes con discapacidade que, dependendo do mesmo, sexan internados en centros especializados.
LIMITE DA DEDUCIÓN
O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros, en tributación conxunta.
Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:
-
En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000)
-
En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 37.000)
Formalización
No recadro que corresponda reflectirase o número de ascendentes maiores de 75 anos ou maiores de 65 anos que sexa persoa con discapacidade que dean dereito a aplicar a dedución, indicando, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución polos mesmos ascendentes.
En caso de matrimonio, o número de ascendentes polo que ambos os dous cónxuxes teñan dereito á dedución reflectirase no recadro "Común".