Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

9.1.1.1. Comunidade Autónoma de Cataluña

A Comunidade Autónoma de Cataluña estableceu no tramo autonómico as seguintes porcentaxes de dedución:

  1. Con carácter xeral: O 7,5%.

  2. O 15 % se se trata das obras de adecuación da vivenda habitual en persoas con discapacidade.
  3. Réxime especial: Cando se trate de contribuíntes que adquirisen a vivenda habitual antes do 30-07-2011, ou satisfeitas cantidades para a construción da mesma antes da devandita data, a porcentaxe será do 9 %. Só se poderá aplicar esta porcentaxe en caso de   adquisición e construción da vivenda habitual, sen que poida aplicarse para os supostos de rehabilitación ou ampliación da vivenda habitual, ou achegas a contas vivendas

    Para a aplicación da porcentaxe do 9 %deben darse algunha das seguintes condicións :

    • Ter 32 anos ou menos na data de devindicación do imposto, desde que a súa base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non sexa superior a 30.000 euros. No caso de tributación conxunta, este límite compútase de maneira individual para cada un dos contribuíntes que teñan dereito á dedución por realizar investimentos na vivenda habitual  durante o exercicio.

    • Estar no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.

    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

    • Formar parte dunha unidade familiar que inclúa polo menos un fillo na data de devindicación do imposto.