5.3.1. Concepto de rendas anuais para os efectos da aplicación dos mínimos persoais e familiares
O concepto de renda anual debe entenderse como a suma aritmética das rendas (rendementos, ganancias e perdas) positivas e negativas do período impositivo.
Os rendementos deberán computarse polo seu importe neto.
En concreto, a renda anual será a suma alxébrica dos seguintes conceptos:
-
Rendementos netos do traballo (recadro 0022).
-
Rendementos netos do capital mobiliario a integrar na base impoñible xeral (recadro 0054).
-
Rendementos netos do capital mobiliario a integrar na base impoñible do aforro (recadro 0038)
-
Rendementos netos do capital inmobiliario (recadro 0089)
-
Rendementos netos de actividades económicas (recadros 0144, 0168 e 0196)
-
Imputacións de rendas.
-
Suma alxébrica das ganancias e perdas computadas no ano, sen aplicar as regras de integración e compensación. (Casillas de "totais" das páxinas 10, 11, 12 e 13 da declaración onde se reflicten as ganancias e perdas patrimoniais).