Saltar ao contido principal
Modelo 100.Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

7.2.1.1.Relacións laborais de carácter especial

O artigo 2 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro) considera relacións laborais de carácter especial as seguintes:

  • A do persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c).

  • A do servizo do fogar familiar.

  • A dos penados nas institucioens penitenciarias.

  • A dos deportistas profesionais.

  • A dos artistas de espectáculos públicos.

  •  A das persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresarios (representantes de comercio) sen asumir o risco e ventura daquelas (Real Decreto 1438/1985, da 1 de agosto).

  • A dos traballadores con discapacidade que presten os seus servizos nos centros especiais de emprego.

  • A dos menores sometidos á execución de medidas de internamento para o cumprimento do seu responsabiliad penal.

  • A de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde.
  • A dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados, individuais ou colectivos.
  • Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carácter especial por unha Lei.