Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Plans individuais de aforro sistemático

Configúranse como contratos celebrados con entidades aseguradoras para constituír cos recursos achegados unha renda vitalicia asegurada.

Requisitos:

  1. Instrumentaranse a través de seguros individuais de vida en que o contratante, asegurado e beneficiario sexa o propio contribuínte.

  2. A renda vitalicia constituirase cos dereitos económicos procedentes dos devanditos seguros de vida.

  3. No caso de anticipación, total ou parcial, dos dereitos económicos derivados da renda vitalicia constituída, o contribuínte deberá integrar no período impositivo en que se produza a anticipación, a renda que estivo exenta por aplicación do que se dispón na letra v) do artigo 7 desta Lei.

  4. Os seguros de vida aptos para esta fórmula contractual non serán os seguros colectivos que instrumentan compromisos por pensións conforme á disposición adicional primeira do Texto Refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, nin os instrumentos de previsión social que reducen a base impoñible do Imposto.

  5. No condicionado do contrato farase constar de forma expresa e destacada que se trata dun plan de aforro individual sistemático e as súas siglas quedan reservadas aos contratos que cumpran estes requisitos.

  6. A primeira prima satisfeita deberá ter unha antigüidade superior a cinco anos no momento da constitución da renda vitalicia.

Límites:

O límite máximo anual satisfeito en concepto de primas a este tipo de contratos será de 8.000 euros, e será independente dos límites de achegas de sistemas de previsión social. Así mesmo, o importe total das primas acumuladas nestes contratos non poderá superar a contía total de 240.000 euros por contribuínte.

Tributación:

A renda vitalicia que se perciba tributará como capital mobiliaria aplicando as porcentaxes das rendas vitalicias inmediatas.