Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Outros gastos do persoal

Gastos de manutención do contribuínte

Para a determinación do rendemento os contribuíntes poderán deducir determinados gastos de manutención relaccionados directamente co exercicio da súa actividade económica, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

- Que sexan gastos do propio contribuínte.

- Que se realicen no desenvolvemento da súa actividade económica.

- Que se produzan en establecementos de restauración e hostalaría.

- Que se aboen utilizando calquera medio electrónico de pagamento.

- que non superen, en ningún caso, os límites establecidos como gastos por manutención e dietas dos contribuíntes con rendementos de traballo, sinalados no artigo 9, A, 3, a) da Lei 35/2066 do IRPF.

Outros gastos do persoal

  • Gastos de formación do persoal.

  • Contribucións satisfeitas polo empresario como promotor dun Plan de Pensións de que resulten partícipes os seus empregados, ou dotacións a sistemas alternativos para a cobertura de continxencias análogas ás dos devanditos Plans, sempre que sexan deducibles fiscalmente.

  • Indemnizacións satisfeitas ao persoal da empresa para resarcirlle dun dano ou prexuízo.

  • Seguros de accidente do persoal.

  • Calquera outro gasto relacionado co persoal da empresa que non sexa considerado como pura liberalidade