Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Perdas por insolvencias de debedores

Serán deducibles as perdas por deterioración dos créditos derivadas das posibles insolvencias dos debedores, cando no momento da devindicación do imposto, cando concorran algunha das circunstancias previstas no Art - 13 da Lei sobre Sociedades, isto é:

  1. Que transcorrese o prazo de 6 meses desde o vencemento da obriga.

  2. Que o debedor estea declarado en situación de concurso.

  3. Que o debedor estea procesado polo delito de ocultación de bens.

  4. Que as obrigas fosen reclamadas xudicialmente ou sexan obxecto dun litixio xudicial ou procedemento arbitral de cuxa solución dependa o seu cobramento.