Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Seguros de enfermidade

Terán a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto en estimación directa, as primas de seguro de enfermidade satisfeita polo contribuínte na parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de vinte e cinco anos que convivan con el. O límite máximo de dedución será de 500 euros por cada unha das persoas sinaladas anteriormente, ou ben 1.500 euros se son persoas con discapacidade.