Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Soldos e salarios

Recolleranse neste apartado as retribucións aos empregados por soldos, pagas extraordinarias, dietas e asignacións por gastos de viaxe, retribucións en especie (incluído o ingreso a conta sempre que non se repercutise aos perceptores), etc.

Retribucións satisfeitas a membros da unidade familiar (art. 30.2ª Lei)

Cando resulte debidamente acreditado, existindo o oportuno contrato laboral e afiliación ao réxime correspondente da Seguridade Social, que o cónxuxe ou os fillos menores que convivan co contribuínte, traballan habitualmente e con continuidade nas actividades empresariais desenvolvidas por este, poderase deducir para a determinación dos rendementos as retribucións estipuladas con cada un deles , sempre que non sexan superiores ás de mercado correspondente á súa cualificación profesional e traballo desempeñado.

As devanditas cantidades consideraranse obtidas polo cónxuxe ou os fillos menores en concepto de rendementos de traballo a todos os efectos tributarios.