Exencións e devolucións de IVE en embaixadas, organismos internacionais, OTAN e Forzas Armadas da UE.
Como obter devolucións e exencións de IVE
Exencións de IVE relativo ás Forzas Armadas da UE
As forzas armadas de calquera Estado membro distinto de España afectada a un esforzo de defensa realizado para levar a cabo unha actividade da Unión no ámbito da política común de seguridade e defensa, que soporten IVE en España como consecuencia desta actividade.
Existen dous procedementos para poder solicitar a exención do IVE polas operacións realizadas en España:
1.- Solicitude de recoñecemento previo da exención (Certificado regulado no artigo 51 e no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) N.º 282/2011)
2.- Solicitude de reembolso do IVE (Modelo 381)
A presentación do modelo 381 é por vía electrónica, a través da Sede Electrónica da AEAT.
1. As exencións de IVE relativas á FFAA doutros Estados membros distintos de España aplicaranse directamente mediante a presentación do certificado regulado no artigo 51 e no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) N.º 282/2011 do Consello do 15 de marzo de 2011, que xustifique a concesión polas autoridades competentes do Estado membro ao que pertenzan as forzas armadas do dereito a adquirir os mencionados bens ou servizos con exención en España.
O certificado deberá ir visado cando non exonere desta obriga a normativa do Estado membro ao que pertenzan as forzas armadas.
Neste caso, a FFAA entregará ese certificado ao provedor do ben e / ou servizo para que non lle repercuta o IVE na factura. Para iso, as autoridades competentes do Estado membro ao que pertence a FFAA en cuestión debe concedero con carácter previo á realización da operación.
2. No caso de non poder achegar o certificado mencionado no apartado 1 debidamente cuberto no momento de realizarse a operación, as exencións faranse efectivas mediante o reembolso das cotas soportadas por repercusión, previa solicitude do destinatario das operacións exentas formulada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria mediante a presentación electrónica na sede electrónica da AEAT do modelo 381.
a) As entregas e adquisicións intracomunitarias de bens, así como as prestacións de servizos, que se efectúen para as forzas, para uso das mesmas ou do persoal civil ao seu servizo.
b) As entregas e adquisicións intracomunitarias de carburantes, aceites e lubricantes que se destinen a ser utilizados exclusivamente por vehículos, aeronaves e navíos afectos ás forzas, para uso das mesmas ou do persoal civil ao seu servizo.
c) As entregas e adquisicións intracomunitarias de bens, así como as prestacións de servizos, que teñan como finalidade a subministración dos comedores ou cantinas afectas ás forzas.
d) As entregas de bens e prestacións de servizos realizados polos comedores ou cantinas a favor dos membros das forzas de calquera Estado membro distinto de España e do elemento civil ao seu servizo, así como a favor dos hóspedes oficiais das forzas de calquera Estado membro, exclusivamente para ser consumidos nestes locais.
As solicitudes de reembolso (modelo 381) presentaranse trimestralmente.
Presentaranse de forma electrónica por Internet, a través da Sede electrónica da AEAT no prazo dos seis meses seguintes á terminación do período a que correspondan.
A presentación dos modelos 381 correspondentes ao terceiro e cuarto trimestre de 2022 e ao primeiro trimestre de 2023 efectuarase no prazo de presentación do modelo 381 correspondente ao segundo trimestre de 2023.
As forzas armadas españolas afectadas a un esforzo de defensa realizado para levar a cabo unha actividade da Unión no ámbito da política común de seguridade e defensa, que realicen operacións no territorio doutros Estados membros como consecuencia desta actividade, poden solicitar a exención do IVE.
A acreditación para adquirir bens ou servizos noutros Estados membros con exención, poderá solicitarse polas forzas armadas españolas utilizando o certificado de exención regulado na Orde EHA/1729/2009 que deberá ser autorizado pola AEAT.