Traslado de actividade empresarial, de residencia e outros
Como obter a exención de dereitos de Importación e impostos para profesionais e particulares
Herdanzas. Franquías e exencións de impostos
Si. Están excluídas da exención de dereitos e impostos a importación dos seguintes bens:
- Os produtos alcohólicos, o tabaco e os labores do tabaco,
- Os medios de transporte comerciais,
- Os materiais de uso profesional, distintos dos instrumentos portátiles de artes mecánicas ou liberais que fosen necesarios para o exercicio da profesión do defunto,
- Os stocks de materias primas e de produtos elaborados ou semielaborados
- os gandos e stocks de produtos agrícolas que sobrepasen as cantidades correspondentes a un aprovisionamento familiar normal.
Son requisitos esixibles para a obtención da exención:
- Que o herdeiro importador dos bens, teña a súa residencia nun país da Unión Europea.
- Que os bens sexan exclusivamente persoais.
- Que os bens persoais sexan declarados a libre práctica dentro do prazo de DOUS anos contados a partir da data de acceso á titularidade dos bens (terminación definitiva da sucesión).
A importación poderá efectuarse, dentro do prazo sinalado, nunha ou varias veces.
As persoas xurídicas que exerzan unha actividade sen fins lucrativos e estean establecidas no territorio aduaneiro da Comunidade, poderán optar á importación con franquía dos dereitos de importación de bens persoais recibidos por vía de sucesión testamentaria.
Serán admitidos con franquía de dereitos de importación e exención de IVE, os bens persoais recibidos por sucesión legal ou testamentaria, dunha persoa física que teña a súa residencia normal no territorio aduaneiro da Unión Europea.
Considéranse bens persoais, os destinados ao uso persoal dos interesados ou ás necesidades do seu fogar e que integren a herdanza do defunto. Constitúen igualmente bens persoais:
- Os efectos e mobiliario.
- As provisións que correspondan a un aprovisionamento familiar normal.
- Os animais domésticos que poidan convivir no fogar e os de sela.
- Os instrumentos portátiles de artes mecánicas ou liberais, necesarios para o exercicio da profesión do interesado.
- As bicicletas e motociclos, os vehículos automóbiles de uso privado e os seus remolques, as caravanas de cámping, as embarcacións de recreo e os avións de uso privado.