Devolucións de IVE a non establecidos
Preguntas frecuentes sobre a solicitude de devolución do IVE soportado nun Estado distinto ao de establecemento (VAT Refund)
Que facer se denegan a miña solicitude, casos frecuentes
-
Denegación por incumprimento de requisitos formais das facturas. O provedor deberá expedir facturas rectificativas en que se corrixan os defectos observados nas facturas polas que se denega a devolución.
-
Denegación por haberse repercutido IVE indebidamente. O repercutidor deberá expedir factura rectificativa en que se corrixa a repercusión efectuada indebidamente; de non facero, o repercutido poderá instar a rectificación da autoliquidación de IVE presentado polo seu provedor e instar a devolución de ingresos indebidos.
-
Denegación por realizar operacións que exclúen do procedemento especial para non establecidos. Ao denegarse a devolución solicitada polo procedemento especial previsto para empresarios non establecidos por este motivo, poderase instar a devolución a través do procedemento xeral de devolución de IVE previsto para empresarios establecidos.