Preguntas frecuentes sobre o modelo 721 (HTML)
Saltar índice da informaciónRespecto de que moedas virtuais non resultará de aplicación esta obriga de información?
Esta obriga de información non resultará de aplicación respecto das seguintes moedas virtuais:
-
Aquelas de que sexan titulares as entidades a que se refire o artigo 9.1 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.
-
Aquelas de que sexan titulares persoas xurídicas e demais entidades residentes en territorio español, así como establecementos permanentes en España de non residentes, rexistradas na súa contabilidade de forma individualizada e identificadas pola súa denominación, valor e entidade de custodia e país ou territorio en que se encontren situadas.
-
Aquelas de que sexan titulares as persoas físicas residentes en territorio español que desenvolvan unha actividade económica e leven a súa contabilidade de acordo co que se dispón no Código de Comercio, rexistradas na devandita documentación contable de forma individualizada e identificada pola súa denominación, valor e entidade de custodia e país ou territorio en que se encontren situadas.
-
Non existirá obriga de informar sobre ningunha moeda virtual cando os saldos a 31 de decembro de cada tipo de moeda virtual no estranxeiro valorados en euros non superen, conxuntamente, os 50.000 euros. En caso de superarse o devandito límite conxunto deberá informarse sobre todas as moedas virtuais.