Preguntas frecuentes sobre o gravame temporal enerxético
Saltar índice da informaciónObrigados ao pagamento
Están obrigados a satisfacer o gravame enerxético con carácter temporal durante os anos 2023 e 2024 as persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos de acordo co que se dispón nos parágrafos 1º e 2º do apartado 1 da Lei 38/2022.
A Lei atribúe a condición de operador principal ás persoas ou entidades en que se cumpra calquera das dúas circunstancias seguintes:
-
De acordo co que se dispón no parágrafo 1º do apartado 1 do artigo 1 da Lei 38/2022 que fosen incluídos na relación de operadores principais pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. A relación de operadores principais nos sectores enerxéticos establécese e publica pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, aos efectos do que se dispón no artigo 34 do Real decreto-lei 6/2000, do 23 de xuño, nas seguintes resolucións:
-
Resolución do 10 de decembro de 2020.
-
Resolución do 16 de decembro de 2021.
-
Resolución do 9 de xuño de 2022, que modifica a anterior.
Pode acceder a estas resolucións nesta ligazón
-
-
De acordo co disposto no parágrafo 2º do apartado 1 do artigo 1 da Lei 38/2022, as persoas ou entidades que desenvolvan en España as actividades de produción de:
-
Cru de Petróleo
-
Gas Natural
-
Minaría do carbón, ou
-
Refinamento de Petróleo
E, que ademais xeren, no ano anterior ao do nacemento da obriga de pagamento da prestación, polo menos o 75 por cento do seu volume de negocios a partir de actividades económicas no ámbito da extracción, a minaría, o refinado de petróleo ou a fabricación de produtos de coquería a que se fai referencia no Regulamento (CE) n.º 1893/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, polo que se establece a nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Revisión 2 e polo que se modifica o Regulamento (CEE) n.º 3037/90 do Consello e determinados Regulamentos da CE sobre aspectos estatísticos específicos.
NOTA : De agora en adiante, por razóns de simplificación, para referirse ás persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal de acordo co que se dispón no parágrafo 1º do artigo 1.1 da Lei poderase utilizar a expresión “operadora principal segundo CNMC”; e para referirse neste documento ás persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal de acordo co que se dispón no parágrafo 2º do artigo 1.1 da Lei poderase utilizar a expresión “operadora principal por razón de actividade”.
-
Si. De acordo co que se establece no apartado 2 do artigo 1 da Lei 38/2022, exclusivamente as persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal por ser incluídas na relación de operadores principais nos sectores enerxéticos pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, estarán eximidos do pagamento do gravame temporal enerxético, cando concorra calquera das seguintes circunstancias:
-
Que o importe neto da cifra de negocios correspondentes ao ano 2019 sexa inferior a 1.000 millóns de euros
-
Que o importe neto da cifra de negocios correspondentes, respectivamente, aos anos 2017, 2018 e 2019 derivado da actividade que determinase a súa consideración como operador principal dun sector enerxético non exceda do 50 por cento do total do importe neto da cifra de negocios do ano respectivo.
Non. A Lei 38/2022 unicamente recolle a posibilidade de quedar eximidas do pagamento do gravame para as persoas ou entidades a que se refire o primeiro parágrafo do apartado 1 do artigo 1, é dicir, para as persoas ou entidades incluídas na relación de operadores principais nos sectores enerxéticos pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Si. A Lei 38/2022 establece dúas regras especiais para calcular o importe neto da cifra de negocios co que se delimita a exención do pagamento, que se aplica exclusivamente ás persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos por estar incluídos na relación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia:
-
Se os operadores principais forman parte dun grupo fiscal que tribute no réxime de consolidación fiscal no Imposto sobre Sociedades de acordo coa normativa que lles resulte de aplicación, o importe neto da cifra de negocios determinarase por referencia ao devandito grupo fiscal.
-
Se os operadores principais forman parte dun grupo mercantil integrado por persoas ou entidades que deban presentar as declaracións do Imposto sobre Sociedades en territorio común por estar sometidas a normativa común e por persoas ou entidades que deban presentar as declaracións do Imposto sobre Sociedades en territorio foral por estar sometidas a normativa foral, o importe neto da cifra de negocios determinarase tomando en consideración as persoas, entidades e grupos que declarasen en territorio común e os que o fixesen en territorio foral.
Non. Se todas as persoas ou entidades que forman parte do grupo mercantil están sometidas no Imposto sobre Sociedades a normativa de territorio común, o importe neto da cifra de negocios para os efectos da exención do pagamento do gravame será o resultante da conta de perdas e ganancias do operador principal ou, no caso de que este forme parte dun grupo fiscal, o resultante por referencia ao devandito grupo fiscal.
Os obrigados ao pagamento do gravame enerxético son as persoas ou entidades que de acordo co que se establece no apartado 1 do artigo 1 teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos.
Neste suposto, o obrigado ao pagamento do gravame será a persoa ou entidade que realiza as actividades que determinan a súa condición de operador principal.
Poden darse dúas situacións particulares:
- Se este operador principal por razón de actividade está integrado nun grupo mercantil, pero non forma parte de ningún grupo que tribute en réxime de consolidación fiscal, será o obrigado ao pagamento do gravame, con independencia de que no seo do grupo mercantil puidese existir outro operador principal.
- Pola contra, se este operador principal por razón de actividade está integrado nun grupo fiscal de que tamén forme parte unha entidade que teña a consideración de operador principal segundo CNMC, a obriga do pagamento do gravame recaerá unicamente no operador principal segundo CNMC se este non estivese eximido do devandito pagamento.
Se este operador principal segundo CNMC estivese eximido do pagamento do gravame por concorrer algunha das circunstancias ás que se refire o parágrafo 2º do artigo 1.2 da lei 38/2022, as entidades integrantes do grupo fiscal que teñan a condición de operadores principais por razón de actividade quedarán individualmente obrigados ao pagamento do gravame.
Os obrigados ao pagamento do gravame enerxético son as persoas ou entidades que de acordo co que se establece no apartado 1 do artigo 1 teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos. É indiferente que o operador principal estea sometido no Imposto sobre Sociedades a normativa común ou a normativa foral.
Os obrigados ao pagamento do gravame enerxético son as persoas ou entidades que de acordo co que se establece no apartado 1 do artigo 1 teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos.
Se o operador principal segundo CNMC é a entidade matriz dun grupo mercantil en que se integran varios grupos fiscais, será a entidade matriz, na súa condición de operador principal nos sectores enerxéticos, a obrigada ao pagamento do gravame e non as entidades representantes dos grupos fiscais.
Os obrigados ao pagamento do gravame enerxético son as persoas ou entidades que de acordo co que se establece no apartado 1 do artigo 1 teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos.
Se o operador principal segundo CNMC é a entidade matriz dun grupo mercantil en que se integran varios grupos fiscais, será a entidade matriz, na súa condición de operador principal nos sectores enerxéticos, a obrigada ao pagamento do gravame e non as entidades representantes dos grupos fiscais, con independencia de que estes grupos estean sometidos a normativa común ou foral.
Se ademais deste operador principal existe outra ou outras persoas ou entidades consideradas tamén operador principal por razón da actividade que realizan, que forman parte do grupo mercantil pero non están integrados en ningún grupo fiscal, estoutros operadores estarán así mesmo obrigados a satisfacer o pagamento do gravame.
Os obrigados ao pagamento do gravame enerxético son as persoas ou entidades que de acordo co que se establece no apartado 1 do artigo 1 teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos.
Se o operador principal segundo CNMC é a entidade matriz dun grupo mercantil en que se integra un grupo fiscal, será a entidade matriz, na súa condición de operador principal nos sectores enerxéticos, a obrigada ao pagamento do gravame e non a entidade representante do grupo fiscal.
Se no grupo fiscal se integran persoas ou entidades que pola actividade que realizan sexan considerado operador principal nos sectores enerxéticos, o obrigado ao pagamento do gravame será unicamente o operador principal que é matriz do grupo.