Saltar ao contido principal
Información ao interesado sobre protección de datos

3.6. Destinatarios

De acordo ao artigo 95 da Lei Xeral Tributaria todos os datos, informes ou antecedentes obtidos pola Administración tributaria no desempeño das súas funcións teñen carácter reservado e só poderán ser utilizados para a efectiva aplicación dos tributos ou recursos cuxa xestión teña encomendada e para a imposición das sancións que procedan, sen que poidan ser cedidos ou comunicados a terceiros.

Porén, o artigo 95 da Lei Xeral Tributaria tamén establece unha serie de casos taxados onde si se contempla que a Axencia Tributaria poida ceder ou comunicar datos a terceiros, que poderán ser de dous tipos:

  • Cesións ou comunicacións de datos en casos do tipo a colaboración no cumprimento de obrigas fiscais con outras administracións públicas, a loita contra o delito fiscal e contra a fraude en diferentes ámbitos, a colaboración con investigacións dos órganos xudiciais e o ministerio fiscal, o control da propia actividade da Axencia Tributaria.

Nestes casos, de acordo co artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 non cumprirá conseguir o consentimento expreso do cidadán, para que se poidan realizar estas cesións ou comunicacións. Doutra banda, de acordo co artigo 14 do Regulamento UE 2016/670, de producirse unha cesión ou comunicación non cumprirá informar o cidadán.

  • Resto de cesións e comunicacións que non se contemplan expresamente no artigo 95, e que son necesarias no ámbito da colaboración entre Administracións públicas para facilitar a prestación de servizos públicos ao cidadán.

Nestes casos sempre cumprirá que a Administración que solicita os datos conte co consentimento expreso do cidadán.

Ademais, o Considerando 31 do Regulamento UE 2016/679 establece que no caso de que a comunicación de datos persoal se realice entre autoridades públicas, incluídas as fiscais e aduaneiras, non se considerarán nin sequera destinatarios de datos cando estes son necesarios para levar a cabo unha investigación concreta de interese xeral.

Ademais do descrito anteriormente, realízanse outros tratamentos non asociados á xestión sistema tributario estatal e aduaneiro, cuxos destinatarios se describen en cada unha das actividades de tratamento deste tipo que realiza a Axencia Tributaria e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento.

Rexistro das actividades de tratamento