Saltar ao contido principal
Información ao interesado sobre protección de datos

5. Rexistro das actividades de tratamento

O artigo 30 do Regulamento (UE) 2016/679 establece que o responsable do tratamento levará un rexistro das actividades de tratamento efectuado baixo a súa responsabilidade. O devandito rexistro deberá conter toda a información indicada a continuación:

  1. o nome e os datos de contacto do responsable e, se é o caso, do corresponsable, do representante do responsable, e do delegado de protección de datos;
  2. os fins do tratamento;
  3. unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais;
  4. as categorías de destinatarios a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais, incluídos os destinatarios en terceiros países ou organizacións internacionais;
  5. se é o caso, as transferencias de datos persoais a un terceiro país ou unha organización internacional, incluída a identificación do devandito terceiro país ou organización internacional e, no caso das transferencias indicadas no artigo 49, apartado 1, parágrafo segundo, a documentación de garantías axeitadas;
  6. cando sexa posible, os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos;
  7. cando sexa posible, unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade a que se refire o artigo 32, apartado 1.

Ademais, as Administracións Públicas deberán facer público o inventario das súas actividades de tratamento, sendo accesible por medios electrónicos, tal e como establece o artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Indicar que a Axencia Tributaria actúa como responsable de todos os tratamentos especificados no RAT a excepción dos seguintes tratamentos en que actúa como encargado de tratamento:

  • tratamento 5.5 Sistema Integrado de Recadación só no caso de débedas non tributarias xestionadas por Departamentos Ministeriais 
  • tratamento 5.13 Rexistro do Sistema de Identificación Cl@ve
  • tratamento 5.7 Punto Neutro Embargos

En aplicación do anterior, relaciónanse a continuación as actividades de tratamento de datos persoais realizadas pola Axencia Tributaria.

  1. 5.1. Censo
  2. 5.2. Socios, partícipes, representantes
  3. 5.3. Contribuíntes Presuntos / Non declarantes
  4. 5.4. Requirimentos
  5. 5.5. Sistema Integrado de recadación
  6. 5.6. Recursos, reclamacións
  7. 5.7. Punto Neutro Embargos
  8. 5.8. Pagamentos a provedores de CCAA e EELL
  9. 5.9. Expedientes Procesuais
  10. 5.10. Expedientes Non Procesuais
  11. 5.11. Persoas Require Información Xulgada
  12. 5.12. CDC - Cidadáns
  13. 5.13. Rexistro do Sistema de Identificación Cl@ve
  14. 5.14. Sucesións e Doazóns
  15. 5.15. Documentos e Escritos
  16. 5.16. Devolución de IVE non establecidos
  17. 5.17. Sancións
  18. 5.18. Representación
  19. 5.19. Base de datos de información de Vixilancia Aduaneira
  20. 5.20. Sancións, recargas e intereses
  21. 5.21. Notificacións, comunicacións e avisos da AEAT
  22. 5.22. Notificacións e comunicacións AGE
  23. 5.23. Xestión documental da AEAT
  24. 5.24. Aplicacións móbiles da AEAT
  25. 5.25. Asentos Rexistrais
  26. 5.26. Asistencia aos contribuíntes
  27. 5.27. VRU
  28. 5.28. Procedemento inspector
  29. 5.29. Anotacións
  30. 5.30. Fichas de inspección
  31. 5.31. Declaracións de comercio exterior
  32. 5.32. Autorizacións de comercio exterior
  33. 5.33. Garantías de comercio exterior
  34. 5.34. Protección de marcas
  35. 5.35. Portelo único aduaneiro
  36. 5.36. Devolución de IVE a viaxeiros non residentes
  37. 5.37. Contrabando
  38. 5.38. Revisións
  39. 5.39. Contabilidade
  40. 5.40. Rexistro de traballadores fronteirizos na Administración de Aduanas e Impostos Especiais da Liña da Concepción
  41. 5.41. Prometeo
  42. 5.42. Censo de actividades económicas
  43. 5.43. Imposto especial sobre determinados medios de transporte
  44. 5.44. Exencións non suxeición do imposto especial sobre determinados medios de transporte
  45. 5.45. Información adicional
  46. 5.46. Censo de obrigados de impostos especiais
  47. 5.47. Impostos especiais, documentos de produción
  48. 5.48. Censo e xestión de infractores de gasóleo bonificado
  49. 5.49. Impostos especiais - Fichas de intervención
  50. 5.50. Impostos especiais - Garantías
  51. 5.51. Impostos especiais - Marcas fiscais
  52. 5.52. Xestión do censo de retallistas de hidrocarburos (I.V.M.D.H)
  53. 5.53. Impostos especiais. Pagamentos con cheques e tarxetas de gasóleo bonificado
  54. 5.54. Censo de operadores obrigados aos Impostos Ambientais
  55. 5.55. Declaracións Informativas e información recibida
  56. 5.56. Intercambio de información
  57. 5.57. IRPF (Imposto sobre a renda das persoas físicas)
  58. 5.58. IVE (Imposto sobre o valor engadido)
  59. 5.59. IS (Imposto Sobre Sociedades)
  60. 5.60. IRNR (Imposto sobre a renda de non residentes)
  61. 5.61. Réxime especial de servizos telecomunicación, radiodifusión ou prestados por vía electrónica (MOSS)
  62. 5.62. Exención e devolución de IVE para embaixadas, Organismos internacionais e OTAN
  63. 5.63. Autoliquidacións
  64. 5.64. Imposto sobre o patrimonio
  65. 5.65. Recadación de taxas que constitúen recursos da Facenda Pública
  66. 5.66. Movementos de efectivo
  67. 5.67. Intervención de Medios de Pagamento
  68. 5.68. Informe de branqueo de capitais
  69. 5.69. Boletíns de laboratorio químico-tecnolóxico de aduanas
  70. 5.70. Precursores de Drogas
  71. 5.71. Procedemento inspector de Aduanas e Impostos Especiais
  72. 5.72. Censo ampliado de Aduanas
  73. 5.73. Cargos asinantes da AEAT
  74. 5.74. Rexistro de accesos
  75. 5.75. Videovixilancia de instalacións aduaneiras
  76. 5.76. Persoal AEAT e Provisión de postos
  77. 5.77. Procesos selectivos e incorporación á AEAT
  78. 5.78. Formación
  79. 5.79. Expedientes disciplinarios, recursos administrativos e seguimento de procedementos xudiciais
  80. 5.80. Expedientes de compatibilidade
  81. 5.81. Xestión de datos de vixilancia da saúde
  82. 5.82. Censo de usuarios
  83. 5.83. Visitas e persoal da AEAT e empresas de servizo
  84. 5.84. Videovixilancia
  85. 5.85. Operadores Intrastat
  86. 5.86. Censo de terceiros
  87. 5.87. Xestión Económico-financeira
  88. 5.88. Terceiros
  89. 5.89. Contactos de provedores
  90. 5.90. Responsabilidade Patrimonial
  91. 5.91. Renunciantes á herdanza
  92. 5.92. Plan de Actuación da AEAT fronte a SARS-COV2
  93. 5.93 Rexistro de Operadores de Embarcacións Pneumáticas e Semiríxidas de Alta Velocidade
  94. 5.94 Gravacións relativas ás ferramentas colaboradoras de videochamada
  95. 5.95. Control de acceso por recoñecemento de pegada dactilar
  96. 5.96. Gravacións das chamadas da CRA
  97. 5.97. Autenticación do Sistema de Identificación Cl@ve PIN
  98. 5.98. Subscrición Newsletter
  99. 5.99. Sistema de información interna sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción