Saltar ao contido principal
Información ao interesado sobre protección de datos

5.79. Expedientes disciplinarios, recursos administrativos e seguimento de procedementos xudiciais

Descrición da actividade

Xestión e control dos recursos administrativos que presenta o persoal funcionario da AEAT, e seguimento dos recursos que se presentan en vía xudicial por persoal funcionario e laboral da AEAT, referidos a materias do ámbito de recursos humanos. Estes recursos fan referencia a asuntos como procesos selectivos, provisión de postos, retribucións, vacacións, antigüidade, e calquera outra materia da competencia da área de recursos humanos.

Tamén inclúe a xestión e control dos expedientes disciplinarios do persoal da AEAT.

Finalidade

Tramitación e resolución de recursos e reclamacións en materia de persoal.

Tramitación e resolución de expedientes disciplinarios de persoal destinado na AEAT.

Seguimento e remisión de documentación de procedementos xudiciais en vía contencioso-administrativa e social.

Lexitimación

O artigo 6 do Regulamento 2016/679 (UE), relativo á licitude do tratamento, no seu apartado 1, letra e) sinala que “O tratamento será lícito se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións: (…) e) o tratamento cómpre para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento (…)”.

En virtude deste precepto, o tratamento de datos é lícito, e non requirirá consentimento, cando o tratamento de datos se realice para o exercicio de poderes públicos.

Este precepto daría cobertura ao tratamento de datos dos empregados públicos, para o exercicio da competencia de resolución de recursos administrativos, e para o exercicio potestade sancionadora, en que se subsume a potestade disciplinaria.

Así mesmo, daría cobertura ao tratamento de datos dos empregados públicos para a súa remisión aos órganos xudiciais.

Interesados

  • Empregados (persoal funcionario e laboral que presta servizo na AEAT)
  • Outras persoas que non teñan a condición de empregados públicos e que, porén, teñan a condición de interesados en procedementos administrativos ou xudiciais (participantes en procesos selectivos, traballadores de empresas adxudicatarias de servizos, etc.).

Datos

  • Identificación do interesado, tipo de expediente, recurso ou reclamación e circunstancias do mesmo
  • Outros datos do resto de actividades de tratamento en materia de recursos humanos necesarios para a resolución dos recursos.

Tratamentos

  • Recollida
  • Rexistro
  • Almacenaxe
  • Estruturación
  • Modificación
  • Actualización
  • Copia
  • Análise
  • Consulta
  • Extracción
  • Difusión
  • Interconexión
  • Limitación
  • Supresión
  • Destrución
  • Outros

Destinatarios

  • Xulgados e Tribunais
  • Avogacías do Estado e outros representantes procesuais
  • Outros Departamentos Ministeriais, a requirimento dos mesmos, especialmente Ministerio de Facenda.

Transferencias internacionais

Non se prevén

Elaboración de perfís

Non aplica

Medidas técnicas/organizativas

Todos os datos tratados foron avaliados a través dunha análise de riscos, obtendo a relación de medidas técnicas e organizativas a aplicar.

As devanditas medidas foron aplicadas de acordo co Plan de adecuación aprobado.