5.24. Aplicacións móbiles da AEAT
Descrición da actividade
Proporcionar servizos da AEAT aos cidadáns, así como ao persoal que ten acceso ao Sistema de Información da AEAT a través dos seus dispositivos móbiles.
Finalidade
Aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro.
Proporcionar unha vía de uso adicional dos servizos proporcionados pola AEAT.
Lexitimación
Segundo o artigo 6.1.a do Regulamento UE 2016/679, os datos de carácter persoal poderán ser tratados se “o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos”.
Interesados
- Contribuíntes e suxeitos obrigados
- Persoal que accede ao Sistema de Información da AEAT
Datos
- NIF, número de teléfono, conta do google ou Apple, IMEI
- DNI/NIE/pasaporte, código de usuario e datos de contacto corporativo (para o caso de persoal que accede ao Sistema de Información da AEAT)
- Modelo e SO de dispositivos móbiles usados
- Datos necesarios para ofrecer o servizo, os cales, en función do servizo concreto, xa están recollidos no tratamento correspondente e especificado na correspondente Política de Privacidade da aplicación.
Tratamentos
- Recollida
- Rexistro
- Almacenaxe
- Estruturación
- Modificación
- Actualización
- Copia
- Análise
- Consulta
- Extracción
- Difusión
- Interconexión
- Limitación
- Supresión
- Destrución
- Outros
Destinatarios
Non se prevén
Transferencias internacionais
Non se prevén
Elaboración de perfís
De acordo coas accións encomendadas á AEAT para o exercicio das súas funcións, os datos das actividades poderán ser tratados para a análise e minaría de datos.
Medidas técnicas/organizativas
Todos os datos tratados foron avaliados a través dunha análise de riscos, obtendo a relación de medidas técnicas e organizativas a aplicar.
As devanditas medidas foron aplicadas de acordo co Plan de adecuación aprobado.