4.1.4. Período de resolución
De acordo ao Regulamento (UE) 2016/679, o responsable contestará ao interesado no prazo dun mes (natural) a partir da recepción da solicitude.
Cómpre destacar que o devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses (sendo un total de tres meses desde a recepción da solicitude), tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
En calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da solicitude, o responsable informará o interesado sobre calquera prórroga.
Así mesmo, o responsable informará o interesado, no caso de non dar curso á súa solicitude, sen dilación e, a máis tardar, transcorrido un mes da recepción da solicitude, da devandita denegación e das razóns da súa non actuación, podendo o interesado presentar unha reclamación ante a devandita negativa.