Saltar ao contido principal

Novas ferramentas de asistencia virtual

  1. Ferramentas de Asistencia Virtual de Censos

    Incorporáronse dentro das ferramentas de asistencia virtual, dúas novas ferramentas censuais: o "Informador censual" e o "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias";

    O "Informador censual" ofrece información sobre os principais trámites censuais como NIF, IAE, apoderamentos, sistemas de identificación dixital, certificados tributarios ou comprobacións censuais. Se está rexistrado no sistema Cl@ve ou ten un certificado electrónico poderá recibir unha copia da conversación en formato PDF no seu correo electrónico.

    Acceso ao Informador censual

    O "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias", segundo sexa unha persoa física ou xurídica, residente ou non, e de acordo coa actividade económica seleccionada, ofreceralle a información referente ao epígrafe de IAE e ás obrigas tributarias que comporta o exercicio da actividade (Imposto de Actividades Económicas, IVE, Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e as obrigas como retenedor).

    Acceso ao Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias 

  2. Ferramenta de Asistencia Virtual de IRPF

    Incorporouse dentro das ferramentas de asistencia virtual o Informador de Renda 2020 que contén as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o IRPF (mínimos persoais e familiares, opcións de tributación, deducións, como declarar os rendementos de inmobles,... ) así como as cuestións máis novas da Renda 2020 como son os ERTE e o ingreso mínimo vital (IMV). Con respecto a ERTE e IMV habilitouse, ademais, un servizo de chat atendido por especialistas. Así, se ten unha dúbida que non puido resolver co Informador, poderá proporlla aos nosos especialistas.

  3. INFORMA+

    Co novo ‘INFORMA+’, os contribuíntes poden propor cuestións de carácter tributario para as que obterán unha resposta por escrito personalizada preparada polos nosos especialistas. Ademais, os contribuíntes poderán acceder a todas as súas consultas a través da opción dos "meus Expedientes" da Sede Electrónica. Para facer uso deste servizo cómpre estar rexistrado en Cl@ve ou dispor de certificado electrónico.

    Polo momento este servizo ofrece información sobre IVE, Subministración Inmediata de Información (SII, Libros rexistro de IVE en liña) e censos.

    Pode acceder ao INFORMA+ a través de: