Inicio Campaña Renda e Patrimonio 2020
A partir do 7 de abril xa pode presentar a declaración da Renda 2020 por Internet a través de Renda WEB ou pola APP . Tamén están dispoñibles todos os servizos de axuda para a presentación por Internet da declaración do imposto e para a consulta, modificación ou confirmación do borrador.
Está dispoñible tamén unha versión máis desenvolta da APP , que lle permitirá realizar as xestións relativas á campaña de Renda desde o seu dispositivo móbil.
Os afectados por ERTE e os perceptores de Ingreso Mínimo Vital contarán cun reforzo de asistencia personalizada.
Estableceuse unha liña de fraccionamento en seis meses sen xuros para contribuíntes en ERTE con resultado a ingresar.
A declaración de Patrimonio 2020 pode presentara tamén a partir do 7 de abril, só a través de Internet.