Informe do conflito nº 2. Impostos sobre Sociedades. Non deducibilidade de perdas derivadas de ampliación de capital dunha filial
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte “Sociedade Limitada Española".
O informe declara que concorren as circunstancias establecidas no artigo 15.1 da Lei Xeral Tributaria en relación coas perdas afloradas como consecuencia de determinadas operacións de ampliación de capital, redución de capital e nova ampliación de capital sucesiva nunha filial.