Saltar ao contido principal

Segunda fase nova sede electrónica da Axencia Tributaria

Continuando co proceso transitorio da súa implantación, o vindeiro 18 de outubro a nova sede electrónica da Axencia Tributaria pasará a primeiro plano cando os usuarios accedan aos dominios do portal e sede actual  https://www.agenciatributaria.es e https://www.agenciatributaria.gob.es, de xeito que serán redirixidos automaticamente á nova sede electrónica https://sede.agenciatributaria.gob.es.

Non obstante, desde a nova sede electrónica poderase seguir accedendo ao portal e sede actual-que permanecerán abertos ata finais de ano-, a través da opción "Acceso á web anterior", situada no apartado "Sobre a Axencia Tributaria "e tamén no apartado “Accede directamente”.