Publicación de copia do informe do conflito nº 3.IVE. Actividades exentas. Interposición artificiosa sociedade para dedución do IVE soportado
Declárase como conflito na aplicación da norma a interposición artificiosa dunha sociedade de nova creación por parte dunha Fundación que desenvolve actividades educativas con ocasión da construción dun novo edificio. Tras a análise das circunstancias do caso a Comisión Consultiva conclúe que para a obtención da dedución e devolución do IVE soportado na construción do edificio interpuxose artificiosamente e sen efecto económico relevante diferente da devolución do IVE soportado na construción do edificio, unha entidade mercantil creada para ese fin e participada o 100% pola Fundación.