Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 17/2021, do 14 de setembro, de medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos nos mercados retallistas de electricidade (BOE do 15 de setembro de 2021)
O Real Decreto-lei 17/2021, do 14 de setembro, adoptou medidas urxentes para mitigar o impacto da escalada de prezos nos mercados retallistas de electricidade.
No ámbito da fiscalidade enerxética, por medio deste real decreto-lei introdúcense un conxunto de medidas que contribúen á redución dos custos da factura final eléctrico:
- En primeiro termo, prorrógase un trimestre adicional a suspensión temporal do Imposto sobre o valor da produción de enerxía eléctrica estendendoa ao cuarto trimestre de 2021.
- Así mesmo, establécese de forma excepcional e transitoria, ata o 31 de decembro de 2021, unha redución do tipo impositivo do Imposto Especial sobre a Electricidade, regulado na Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais, do 5,11269632 por cento ao 0,5 por cento.
Real Decreto-lei 17/2021, do 14 de setembro
Máis información