Publicación de copia do informe do Conflito nº 5. Imposto sobre o valor engadido. Interposición artificiosa de sociedade para conseguir devolucións de IVE soportado en actividades exentas
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte MATRIZ PROPIETARIA SL.
O informe declara que concorren as circunstancias establecidas no artigo 15.1 da Lei Xeral Tributaria en relación coa intervención da entidade matriz na actividade da entidade filial da interesada. Esta entidade filial realiza unha actividade esencialmente exenta de IVE e recibe en arrendamento os piso e apartamentos que logo explota mediante o seu alugamento a terceiros. A xuízo da Comisión consultiva, a intervención da Matriz propietaria na adquisición e obras realizadas nos inmobles adquiridos obedece estritamente a salvar de forma impropia a imposibilidade de deducir e, en última instancia, recuperar as cotas de IVE soportadas, por parte da filial cuxa actividade está esencialmente exenta de IVE.