Inicio da asistencia presencial na Campaña de Renda 2021
A Axencia Tributaria comeza a prestar desde hoxe o habitual servizo de confección de declaracións nas oficinas previas cita, que prestará en colaboración con CCAA e concellos, ao tempo que continúa o plan ‘Chamámoslle’ de confección de declaracións de Renda por teléfono que permite atender os contribuíntes ata o final da campaña sen necesidade de desprazamentos e de maneira personalizada.
Do mesmo xeito que nos anos anteriores, se nun momento dado o contribuínte non encontra citas dispoñibles para o servizo de asistencia en oficinas, iso non significará que non queden citas, senón que se volverán a abrir máis citas nos días seguintes. En todo caso, a Axencia recomenda non esperar a esa nova apertura, senón optar polo servizo ‘Chamámoslle’.
Como todos os anos, ao obxecto de mitigar unha eventual perda de citas en prexuízo do conxunto dos contribuíntes, a Axencia Tributaria lembra os cidadáns que poden anular a súa cita por calquera das vías habilitadas para a súa obtención se decidiron non facer uso dela . As vías habilitadas son: Internet (con NIF/NIE ou DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve PIN ou referencia), App "Axencia Tributaria ", teléfono automático (91 535 73 26 ou 901 12 12 24) ou teléfono de cita previa para Renda con atención persoal (91 553 00 71 ou 901 22 33 44. De luns a venres, de 9 a 19 horas).