Publicación de copia do informe do Conflito nº 7. Imposto sobre o valor engadido. Interposición artificiosa dunha comunidade de bens para conseguir devolucións de IVE soportado en actividades exentas
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte "COMUNIDADE DE BENS".
No informe declárase que existe Conflito na aplicación da norma tributaria nun caso de interposición dunha comunidade de bens como arrendadora duns locais, de forma sobrevida nun momento próximo á finalización da obra de reforma dos mesmos. Os locais arréndanse por un valor inferior ao de mercado a D. MM, un dos dous comuneiros da devandita Comunidade, que desenvolve unha actividade profesional exenta de IVE que non xera dereito a dedución. Tras analizar as circunstancias concorrentes conclúese que da operación non resulta ningún efecto económico relevante distinto do aforro fiscal, isto é, a dedución íntegra das cotas soportadas de IVE pola reforma e acondicionamento dos locais afectos exclusivamente á actividade exenta de D. MM.