Publicación de copia do informe do Conflito nº 9. Imposto sobre sociedades. Gastos financeiros derivados dun préstamo destinado á devolución dunha prima de emisión
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria relativa ao contribuínte "PQ HOLDING".
No informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria en relación cun conxunto de operacións societarias que, no contexto da transmisión dunha parte de PQ SA a un grupo investidor independente, implican a interposición de varias sociedades e a xeración dunha prima de emisión cuxa devolución parcial se financia cun préstamo soportado polo grupo español.