Inicio Campaña Renda e Patrimonio 2022
A partir do 11 de abril, están dispoñibles todos os servizos de axuda para revisar o teu borrador, modificaro e, se é o caso, presentar a túa declaración da Renda 2022 por Internet a través de 'Renda Web' ou pola 'APP'.
Para esta campaña incorporouse un 'Asistente virtual de Renda' que complementará o actual 'Informador de Renda' como servizos de axuda os contribuíntes para resolver as dúbidas máis habituais que teñan á hora de confeccionar a declaración. Nesta primeira fase de posta en marcha, o 'Asistente' ofrecerá información especialmente en materia de inmobles e sobre as dúbidas máis habituais de Campaña de Renda. Se as súas respostas non conteñen toda a información que o contribuínte necesita, para a súa aclaración ofrécese un servizo de chat. Ademais, introducíronse unha serie de melloras de navegación e usabilidade no programa de axuda 'Renda Web' para facer máis cómodo e áxil o proceso de confección da declaración.
A 'APP' da Axencia Tributaria tamén conta con melloras, entre as que destacan os novos accesos directos á 'Carteira de valores' e ás ferramentas de asistencia virtual.
O espazo de Campaña de Renda 2022 da web, inclúe un novo apartado informativo para persoas maiores de 65 anos.
A declaración de Patrimonio 2022 tamén podes presentara a partir do 11 de abril, só a través de Internet.