Principais novidades tributarias introducidas pola Lei 6/2023, do 17 de marzo, dos Mercados de Valores e dos Servizos de Investimento
Infórmase da modificación introducida na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (LIRPF) pola a Lei 6/2023, do 17 de marzo, dos Mercados de Valores e dos Servizos de Investimento pola que se amplía para determinadas situacións a dedución por maternidade 2020, 2021 e 2022.
A aplicación desta ampliación para estes tres anos (2020,2021 e 2022) realizarase na declaración de Renda 2022.
Dispós dunha guía práctica para a aplicación desta ampliación no apartado de Campaña de Renda 2022 da web da Axencia Tributaria.