Orde de Módulos para 2024
Publicouse Orde HFP/1359/2023, do 19 de decembro, pola que se desenvolven para o ano 2024 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto Sobre o Valor Engadido.
En relación co Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, mantéñense para o exercicio 2024 a contía dos signos, índices ou módulos, así como as instrucións de aplicación. Así mesmo, establécese unha redución do 5 %sobre o rendemento neto de módulos. Adicionalmente, para as actividades agrícolas e gandeiras establécese que o rendemento neto previo poderá minorarse no 35 %do prezo de adquisición do gasóleo agrícola e no 15 %do prezo de adquisición dos fertilizantes.
Polo que se refire ao Imposto sobre o Valor Engadido, a presente orde mantén os módulos, así como as instrucións para a súa aplicación, aplicables no réxime especial simplificado no ano inmediato anterior.