Nota informativa sobre os novos tipos de recarga de equivalencia no IVE
Información e declaración de operacións cos novos tipos de recarga de equivalencia no IVE
Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2023, a disposición adicional décimo sexta do Real Decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas, establece que o tipo da recarga de equivalencia aplicable no Imposto sobre o Valor Engadido ás operacións a que se refiren o apartado 2 do artigo 1 e o parágrafo cuarto do apartado 1 do artigo 72 do Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade, será do 0,62 por cento, resultando de aplicación durante a vixencia dos devanditos preceptos.
Este novo tipo de recarga de equivalencia, canda a recarga de equivalencia do 0 por cento, implementaranse tecnicamente do seguinte xeito:
-
Modelo 303.
Con obxecto de habilitar a declaración das operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia, para as autoliquidacións correspondentes a 2023 modifícanse as especificacións técnicas do modelo 303 de maneira que:
-
Incluiranse nos recadros 16 e 18 do modelo 303 as bases impoñibles e cotas correspondentes ás operacións gravadas co tipo de recarga de equivalencia do 0,62 %.
-
Incluiranse nos recadros 16 e 18 do modelo 303 as bases impoñibles e cotas correspondentes ás operacións gravadas co tipo de recarga de equivalencia do 0 %.
-
No caso de que nunha mesma autoliquidación deban incluírse simultaneamente operacións aos tipos de recarga de equivalencia do 0 %, 0,5% e 0,62 %, incluiranse no recadro 16 do modelo 303 a suma das BI correspondente a todos os tipos, no recadro 18 do modelo 303 a suma das cotas correspondentes a todos os tipos e no recadro 17 do modelo 303 indicarase o tipo ao que corresponda unha maior cota.
-
-
Modelo 322.
Con obxecto de habilitar a declaración das operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia, para as autoliquidacións correspondentes a 2023 modifícanse as especificacións técnicas dos modelos 322 de maneira que:
-
Nos recadros reservados a “Recarga de equivalencia” faranse constar as bases impoñibles gravadas, se é o caso, aos tipos do 0 %, 0,5%, 0,62%, 1,4%, 5,2% e 1,75%, o tipo aplicable e as cotas resultantes.
-
En caso de ser imprescindible o uso de recadros para declarar simultaneamente por máis de catro tipos de recarga, as operacións aos tipos do 0 %, 0,5% e do 0,62 %consignaranse nun único recadro de Base impoñible e de Cota, respectivamente, e no recadro destinado ao Tipo farase constar aquel ao que corresponda a maior cota.
-
-
Subministración inmediata de información.
Co obxecto de permitir informar as facturas que documenten operacións gravadas cos novos tipos de recarga de equivalencia modificaranse as validacións dos libros rexistro de facturas emitidas e recibidas levados a través da Sede electrónica (SII), admitindo os tipos de recarga do 0 %e 0,62% se a Data de operación ≥ 1 de xaneiro de 2023 (cos límites temporais previstos para cada un dos tipos de recarga).
Nos próximos días publicarase no apartado "Información Técnica" do portal "SII - Subministración Inmediata de Información do IVE ", unha nova versión do documento de validacións "Documento de validacións e erros". Estas validacións estarán implementadas o día 16 de xaneiro.
No caso de que se emitise unha factura con recarga do 0,625 %, independentemente da factura rectificativa que proceda (emitida por substitución ou por diferenzas), poderase remitir un único rexistro de facturación co tipo de recarga do 0,62 %.