Conflito nº 10. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Interposición artificiosa de sociedade para a dedución do IVE soportado
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte "Z INMOBILIARIA".
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria nun suposto de creación e interposición artificiosa dunha entidade, Z INMOBILIARIA, que leva a cabo a construción dun complexo educativo e a adquisición do mobiliario necesario, para arrendaro en condicións alleas a mercado a outra entidade vinculada sen dereito á dedución do IVE Soportado, Z EDUCACIÓN, para a súa explotación como colexio en aplicación dun método educativo especial.